O alcalde pechou o Cumio informal de ministros de Pesca da Unión Europea cunha visita en barco pola ría de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores no último acto programado por mor do cumio informal de ministros de Pesca da Unión Europea, unha visita en barco pola Ría de Vigo e as Illas Cíes que puxo o punto e final á presencia na cidade olívica dos máximos responsables europeos en materia pesqueira.
Durante o percorrido, o alcalde tivo a oportunidade de recoñecer á ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Elena Espinosa, a súa sensibilidade e aposta por Vigo para acoller un acontemento "relevante para esta cidade", onde os mandatarios europeos comezaron a extraer conclusións sobre a política pesqueira da Unión para a próxima década.
O alcalde tamén fixo coñecedores aos titulares das carteiras ministeriais do "aprecio" desta cidade e deste territorio pola pesca sostible e o potencial vigués en materia de investigación mariña. Abel Caballero explicou que esta cidade aglutina o Oceanográfico, o CETMAR, o Centro Superior de Investigacións Científicas e a Axencia Europea de Pesca, entre outros, e impulsa proxectos de innovación ambiciosos e de vocación referencial, como o Campus de Excelencia do Mar que pilota a Universidade de Vigo.
O percorrido en barco pechou o programa de actividades do Consello informal de Pesca na cidade olívica, que inicióuse onte cun almorzo e visita polo Casco Vello organizado polo Concello de Vigo.