O alcalde busca concretar con Industria as axudas do Estado a Citroën para a fabricación en Vigo do coche eléctrico
Abel Caballero reunirase o venres en Madrid coa Secretaria Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero, para tratar de definir as axudas do Goberno de España a PSA Peugeot Citroën para a fabricación do vehículo eléctrico na súa factoría de Balaídos. Para o alcalde, sería o "paso definitivo" para facer de Vigo "cidade piloto" do coche eléctrico, e anunciou que entón o Concello comprará unha flota dos novos automóbiles.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, viaxará a Madrid o próximo venres para intentanr concretar coa Secretaria Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero, as axudas que dará o goberno central a PSA Peugeot Citroën para a fabricación en Vigo do coche eléctrico.
En rolda de prensa, o alcalde vigués asegurou que o municipio olívico ten a iniciativa de converterse en "cidade piloto" do automóbil eléctrico, para o que conta co aval do Ministerio de Industria, e o "paso definitivo" na consecución deste obxectivo pasa por que Vigo tamén fabrique o coche.
Abel Caballero sostivo que este proxecto é tamén "importante" na política viguesa de reducción de emisións de CO2, e o vehículo eléctrico en Vigo debe traspasar a simple utilización para embarcarse na fabricación do mesmo. O alcalde concluíu que Vigo ten a vocación de ser "cidade piloto na utilización, a fabricación, a difusión e a potenciación dos coches eléctricos".
Adquisición
O alcalde vigués avanzou asemade que cando o proxecto de cidade piloto do automóbil eléctrico sexa unha realidade en Vigo, o Concello procederá á adquisición dunha flota deste tipo de vehículos para uso municipal.
Descargar todas as imaxes