Carlos Font presenta unha campaña de fomento da administración electrónica que inclúe trípticos informativos e a entrega de 1.000 lectores de DNI
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font, presentou hoxe martes unha campaña municipal para fomentar o uso da páxina web do Concello (www.vigo.org) para realizar os trámites municipais mediante o novo DNI electrónico. A iniciativa contempla a divulgación de trípticos informativos e a entrega de balde de 1.000 lectores do novo documento, que terá lugar desde mañá mércores na lonxa do Concello a todo aquel empadroado que o solicite.
O concelleiro de Xestión Municipal, o socialista Carlos L. Font, presentou este martes unha campaña de divulgación dos servizos municipais electrónicos que contempla a distribución de trípticos informativos e a entrega de balde de 1.000 lectores de DNI electrónicos.
En rolda de prensa, o edil explicou que a intención do Concello é "evitar desprazamentos e dar seguridade ás xestións" realizadas por Internet coa administración local, para o que o DNI electrónico ofrece todas as garantías.
Desde mañá mércores, na lonxa do Concello na Praza do Rei, farase entrega dos 1.000 dispositivos a todos aqueles que presenten o seu DNI electrónico e estean empadroados na cidade olívica. Font non desbotou a posibilidade de ampliar no futuro o número de lectores a entregar, dependendo da resposta cidadá á iniciativa da súa concellería.
O concelleiro socialista asegurou que Vigo é referente en Galicia e España en administración electrónica e recordou que na oficina virtual da web do Concello (www.vigo.org) consta información completa de máis de 400 trámites. Ademais, no pasado ano 2009 realizáronse 490.000 consultas na web municipal -máis do dobre que no 2007- e 158.000 xestiones on line.
Font asegurou que na web do Concello é posible -a través da chamada Carpeta Cidadá- a realización de múltiples xestións individualizadas, como o seguemento de trámites e solicitudes, o rexistro e anexo de documentos, a emisión de voantes de empadronamento, a identificación do condutor nunha sanción de tráfico, a domicialización de recibos, a extracción de certificados de pagamento ou trámites para os vados ou terrazas, por exemplo.
Ademais, o concelleiro de Xestión Municipal avanzou que estanse a ampliar as opcións para a cidadanía a través da Internet, e o próximo paso será a posibilidade de consultar e abonar os pagamentos pendentes na oficina de Recadación Executiva.
O edil concluíu facendo un chamamento á cidadanía para que coñezan os servizos que ofrece o Concello a través da súa web, e evitar así desprazamentos innecesarios. Font estimou en millón e medio de euros o aforro cidadá derivado da informatización das xestións municipais.
Descargar todas as imaxes