Eudosio Álvarez presenta o seminario do CAT "Artífices sen nome" como homenaxe aos canteiros
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes o seminario do Centro de Artesanía Tradicional destinado ao profesorado "Artífices sen nome, os construtores da arquitectura en pedra", que comezará mañá na Casa Galega da Cultura. O nacionalista asegurou que esta iniciativa "quere ser unha homenaxe aos canteiros, que na súa maioría non pasaron á historia".
Eudosio Álvarez destacou que o programa "merece moitísimo a pena" polos seus contidos, pero tamén polas visitas programadas aos lugares nos que a arquitectura "ten a categoría de arte". Así, explicou que mañá 5 de maio terá lugar un relatorio sobre a cantería a cargo do arqueólogo Felipe Senén López, de 16.30 a 18.30. Posteriormente, a canteira Aurea Díaz falará sobre as calidades do granito.
A seguinte sesión, o 6 de maio, José Ramón Iglesias, integrante do Instituto de Estudios Vigueses, explicará os estilos arquitectónicos singularizados polo granito e pola intervención dos mestres canteiros en Vigo. Nas dúas seguintes xornadas, os días 12 e 13 de maio, se combinarán a parte teórica e a práctica, xa que unha hora se adicará a preparar o percorrido e as tres seguintes a coñecer a cidade histórica e o ensanche vigués, da man de José Ramón Inglesias.
O concelleiro de Patrimonio Histórico sinalou que esta proposta dirixida ao profesorado, que conta coa homologación da Xunta, será ampliada nos meses de outubro e novembro para toda a cidadanía, co obxectivo de que todos os vigueses e viguesas poidan visitar estes espazos coñecer a arquitectura viguesa dende a perspectiva do traballo dos canteiros.
O profesor José Ramón Iglesias considerou que este é un curso moi importante para "valorar o traballo das persoas que fixeron esta cidade", tanto dende o seu punto de vista laboral como artístico. Afirmou que se trata, na maioría dos casos, dun traballo "anónimo pero dun valor impresionante". Ao seu xuízo "a mellor protección que se lle pode dar ao patrimonio é o seu coñecemento".
O coordinador do CAT, Manuel Estévez, salientou que o principal obxectivo do seminario consiste en ofrecer información ao profesorado para que a poidan transmitir nas súas clases os coñecementos sobre a historia da cidade.
Descargar todas as imaxes