xoves, 6 mai 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, anunciou este xoves que a vindeira semana comezará a reforma da rúa Cruceiro Vello de Bouzas, á que se destinará un investimento de 205.000 euros. Na visita que realizou á zona, e na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, o nacionalista destacou que esta actuación ten como obxectivo a mellora deste espazo público e a renovación dos servizos urbanos.
xoves, 6 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, aseguraron este xoves que os convenios cos clubs de elite da cidade se incrementaron ata os 500.000 euros. Nun acto cos directivos das doce entidades, os nacionalistas salientaron que este aumento reflexa o compromiso do goberno local co deporte, e en especial coas áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía.
xoves, 6 mai 2010
O alcalde e un centenar de alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bachillerato do Instituto de Educación Secundaria Castelao mantiveron na mañá desde xoves unha charla na que intercambiaron opinións sobre a marcha da cidade, as infraestruturas en marcha, o goberno municipal e a economía viguesa. No turno de preguntas debatíuse sobre o botellón, a crise e a educación, entre outros temas.