Abel Caballero mantivo unha charla cun centenar de alumnos do Instituto Castelao
O alcalde e un centenar de alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bachillerato do Instituto de Educación Secundaria Castelao mantiveron na mañá desde xoves unha charla na que intercambiaron opinións sobre a marcha da cidade, as infraestruturas en marcha, o goberno municipal e a economía viguesa. No turno de preguntas debatíuse sobre o botellón, a crise e a educación, entre outros temas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste xoves unha charla informal cun centenar de alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de Bachillerato do IES Castelao.
O alcalde abríu o diálogo explicando o lugar que ocupa Vigo no contexto estatal e peninsular, o liderado da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, do naval e da pesca, onde referiuse ao recén rematado cumio informal de ministros de pesca da Unión Europea, que acolleu o Museo do Mar.
Caballero pormenorizou ante os estudantes os grandes proxectos en marcha na cidade olívica, entre os que citou a chegada do AVE por túnel, a nova estación e a conexión directa con Madrid por Cerdedo, a ampliación da ponte de Rande e a política de humanizacións en toda a cidade, entre outros temas.
Durantes as intervencións dos escolares debatíuse sobre a educación, as saídas laborais en Vigo para as carreiras técnicas que impártense no campus de Lagoas-Marcosende e a aposta do Concello de Vigo pola ensinanza de inglés, en particular as bolsas coas que 250 estudantes vigueses viaxarán ao Reino Unido e Irlanda este verán a un programa de aprendizaxe en inglés.
Os alumnos tamén conversaron co alcalde sobre a normativa contra o botellón, o funcionamento do goberno municipal, a crise económica, o deporte, as caixas de aforro, a sanidade e reclamáronlle máis espazos verdes na cidade.
Descargar todas as imaxes