mércores, 25 abr 2018
Da man da obra dunha selección de mulleres artistas, con estilos diferentes dentro do século XX, coñeceremos estilos pictóricos e etapas dentro da historia da arte. As pinturas serán acrílicas
venres, 9 mar 2018
O alcalde amosouse "inmensamente orgulloso" pola resposta da cidade á manifestación feminista convocada polo 8 de marzo, con 45.000 persoas nas rúas de Vigo. "No ámbito dos dereitos, marcará un antes e un despois", engadiu, pois o deste xoves "sucedeu contadas veces nesta cidade".
mércores, 7 mar 2018
O Concello de Vigo celebrou este mércores un pleno específico do Consello Municipal da Muller con motivo da conmemoración do "8 de marzo, Día Internacional das Mulleres". Nove dos colectivos que integran o Consello Municipal foron os encargados de ler textos de mulleres pioneiras na defensa dos seus dereitos. O alcalde, Abel Caballero, amosou o seu apoio ao paro e á folga. <br />
martes, 6 mar 2018
Os actos organizados polo Concello de Vigo para conmemorar o Día Internacional das Mulleres comezan hoxe martes e rematarán o próximo día 27 de marzo. Tal e como explicou a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, o programa incluirá, entre outros, a proxección de varios filmes, contacontos, actividades deportivas e un concerto de Wöyza, o sábado 10, no salón de actos do Marco.
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro
xoves, 1 mar 2018
O venres día 2 a+ábrese o prazo inscrición para participar no obradoiro dirixido a mulleres maiores de 18 anos e que ten como obxectivo proporcionar ás asistentes habilidades básicas de autoprotección
martes, 20 feb 2018
O Concello de Vigo programa a presentación do libro "Rosalía de Castro e o poder sexual" de María Xosé Queizán (Xerais, 2017) o martes, 20 de febreiro de 2018 ás 19.00 no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Interveñen: María Xosé Queizán (autora) e Marga Romero (escritora)
martes, 13 feb 2018
O Concello de Vigo programa a presentación do libro "Mujeres matemáticas, las grandes desconocidas" de Amelia Verdejo Rodríguez (Universidade de Vigo, 2017). Será o xoves 15 de febreiro ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Presenta á autora: Coral del Río Otero (Catedrática de Economía Aplicada da Universidade de Vigo)
xoves, 25 xan 2018
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os obradoiros de pintura e xénero,iniciación ao teatro,sensibilización en xénero e igualdade de oportunidades, introdución ao método Zentangle. Os obradoiros son de carácter gratuíto e se impartirán na Casa das Mulleres.
xoves, 4 xan 2018
A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á contratación de 12 mulleres por un período dun ano co fin de mellorar a súa integración no mercado laboral.
venres, 24 nov 2017
O Concello, co Consello municipal da muller, organizou o Enlaza Vigo deste ano co lema "A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero", que hoxe venres celebrou o seu acto central no pavillón das Travesas coa participación de 2000 escolares da cidade. O alcalde avogou por unha "posición de Vigo en loita continua contra as violencias machistas".