Caballero anima á cidade a unirse á conmemoración do nacemento de Concepción Arenal
Unha ofrenda floral no cemiterio de Pereiró foi o primeiro acto conmemorativo co que Concello quere conmemorar o nacemento de Concepción Arenal, hai dous séculos. Nacida en Ferrol, esta feminista trazou hai douscentos anos unha “interesante” senda a seguir que hoxe moitas mulleres e moitos homes queremos lembrar.

Na súa intervención, Caballero enviou unha aperta aos “amigos ferroláns que tamén celebran hoxe este nacemento” e animou a toda a cidade a sumarse ao “sentimento, cariño e respecto” que Vigo sente por unha “grande muller” que que para sempre será Concepción Arenal.
O rexedor estivo acompañado esta mañá no cemiterio de Pereiró pola presidenta da Deputación, Carmela Silva; polo delegado da Zona Franca, David Regades; e pola edil de Igualdade, Uxía Blanco, entre outros concelleiros.

