venres, 31 xan 2020
Abel Caballero anunciou este venres o incremento, que será adicado a investimento, e se sumará aos 605.000 euros adicados ao funcionamento do museo, polo que o Concello achega o 76% dos seus ingresos deste ano. O goberno vigués tamén aprobou a transferencia de 125.000 euros ao Museo Liste, sostido case que exclusivamente con fondos municipais.
venres, 31 xan 2020
Ainhoa Arteta, Sergio Dalma e Michael Kiwanuka; humor con Segura, Mota e Flo; bandas tributo a Queen e Abba, ou musicais de “El Guardaespaldas” e “West Side Story” son algunhas das funcións programadas entre febreiro e xuño no Pazo de Congresos. Tamén haberá en xuño tres congresos sectoriais que atraerán a miles de profesionais.
venres, 31 xan 2020
O goberno de Vigo vén de dar o seu visto bo á transferencia de 85.000 euros para os actos do Entroido vigués, que se celebrará do 21 ao 26 de febreiro. Ademais, validouse as bases para participar nos concursos de disfraces e no desfile de comparsas, que será o sábado 22 ás 18 horas.
venres, 31 xan 2020
O Concello ten un “corpo de voluntarios extraordinario” que traballa de forma “magnífica”, dixo esta mañá o rexedor, un día despois da entrega de 31 diplomas a outros tantos voluntarios municipais. Nestes momentos, hai inscritas 2.389 persoas, unha cifra que o rexedor quere aumentar polo que animou á participación a toda a cidade.
venres, 31 xan 2020
Caballero compartiu coas nenas e nenos do centro educativo e co profesorado esta xornada na que celebraban o éxito do proxecto do Club de Convivencia polo que construíron máis de 1000 grúas de papel que enviarán ao Parque da Paz de Hiroshima, en Xapón. O rexedor lembroulles a importancia da paz na historia da humanidade e felicitounos pola iniciativa na que depositaron os seus mellores desexos de paz e convivencia.