mércores, 29 xan 2020
Na moción, defendida por María José Caride, demándase ao goberno autonómico a tramitación da ampliación do recinto feiral pola Lei 3/2016, a declaración da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e o establecemento da prevalencia dos intereses da ampliación sobre o interese forestal dos terreos afectados.
mércores, 29 xan 2020
A Corporación aprobou este mércores a moción, cos únicos votos en contra dos edís do PP vigués. O Concello avala así a convocatoria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do próximo 9 de febreiro en Santiago e anima á cidadanía a sumarse.
mércores, 29 xan 2020
A moción foi presentada pola concelleira de Benestar, Yolanda Aguiar, quen indicou que Vigo conta con menos dunha praza por cada 100 maiores de 65 anos, cando a OMS recomenda cinco prazas. O Pleno acordou instar á Xunta de Galicia a construír residencias e a paliar unha lista de agarda que supera os 15 meses.
mércores, 29 xan 2020
O PSOE presentou na sesión plenaria desta mañá unha moción na que avoga porque Concello e Xunta asinen un convenio que comprometa ao goberno autonómico coa apertura dunha sede do CGAC en Vigo, tal e como anunciou Alberto Núñez Feijóo. O texto inclúe a necesidade de que o edificio teña unha superficie expositiva superior aos 400 m2 e que a Xunta adique polo menos 500.000 euros ao ano a atender esta infraestrutura cultural.
mércores, 29 xan 2020
Vigo sitúase unha vez máis como a cidade española que antes abona as súas facturas, cun prazo que en decembro foi de nove días, cando a media das corporacións locais é de 66 días. Os datos, ofrecidos polo goberno de Vigo no pleno deste mércores, indican que o Concello efectuou pagos por valor de 25 millóns no mes de decembro e en todo o ano pasado o importe foi superior aos 158 millóns.
mércores, 29 xan 2020
Vigo aprobou este mércores na sesión plenaria da Corporación Municipal o Plan Anual Normativo correspondente ao 2020 por medio do que se aprobarán un total de 12 ordenanzas e 5 regulamentos. "É un plan ambicioso produto da experiencia de doce anos de goberno", argumentou o goberno local.