O Pleno insta a subscribir un convenio para garantir que a Xunta estableza en Vigo unha delegación do CGAC
O PSOE presentou na sesión plenaria desta mañá unha moción na que avoga porque Concello e Xunta asinen un convenio que comprometa ao goberno autonómico coa apertura dunha sede do CGAC en Vigo, tal e como anunciou Alberto Núñez Feijóo. O texto inclúe a necesidade de que o edificio teña unha superficie expositiva superior aos 400 m2 e que a Xunta adique polo menos 500.000 euros ao ano a atender esta infraestrutura cultural.
O concelleiro de Cultura, Abel Losada, foi o responsable de defender a moción que pretende que Concello e Xunta subscriban un convenio de colaboración para establecer en Vigo unha delegación do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) así como diversos espazos de creación artística na cidade. Na súa opinión, o anuncio que o presidente da Xunta fixo en Vigo o pasado 14 de xaneiro, non é máis que electoralismo dado que non se ve en absoluto reflectido nos orzamentos autonómicos para 2020, aprobados o pasado 17 de decembro.
O grupo socialista obtivo o apoio do concelleiro membro non adscrito para reclamar á Xunta que achegue un edificio cunha superficie expositiva de 400 m2 como mínimo, mediante compra ou alugueiro ao Consorcio do Casco Vello. O documento tamén incluiría o compromiso do goberno autonómico de mercar ou alugar -tamén ao Consorcio – os dezasete locais aos que se fixo referencia no anuncio da Xunta de Galicia.
O texto aprobado, coa abstención de Marea de Vigo e do PP, recolle tamén a necesidade de que a Xunta consigne nos seus orzamentos unha cantidade de polo menos 500.000 euros anuais para o funcionamento e programación cultural da sede do CGAC así como o custe de mantemento e programación dos espazos de creación artística.