Escoitar

O Concello comeza a peonalización da Porta do Sol, a "gran praza da cidade"

O alcalde presidiu o acto de colocación da primeira pedra da que "seguramente é a obra civil simbolicamente máis importante que se fixo nunca" en Vigo e que resolverá unha "lagoa histórica" da cidade ao dotala da "gran praza" cidadá da que carece actualmente.

mércores, 29 xan 2020
1580306507porta.JPG
O acto deste mércores contou coa participación do alcalde, Abel Caballero, da tenente de alcalde e presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do delegado de Zona Franca e anterior tenente de alcalde, David Regades, e do tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, ademais da práctica totalidade do goberno de Vigo.

O Concello proxecta peonalizar a Porta do Sol aproveitando parte do aparcamento soterrado existente para facer un túnel desde Policarpo Sanz ata a rúa Elduayen, co que o tráfico gañará "fluidez". O orzamento da obra é de 17 millóns -cofinanciados con fondos FEDER da Unión Europea dentro do proxecto Vigo Vertical- e o seu prazo de execución ascende a 24 meses. O goberno vigués confía en compatibilizar o avance da obra coas grandes celebracións da cidade que alí se dan cita.

En declaracións posteriores, Abel Caballero explicou que a praza da cidade é a da Constitución pero quedou pequena para o actual tamaño da urbe, e polo tanto actualmente "non temos unha gran praza peonil, común para toda a cidade", unha "lagoa histórica" que se quere resolver coa obra da Porta do Sol.

Con ornamentación, novo mobiliario urbano e unha "importante" zona verde, o alcalde confirmou que o Sireno continuará no seu actual emprazamento, como "elemento escultórico referencial" no entorno, e destacou que unha Porta do Sol peonil porá en valor os "notables" elementos arquitectónicos alí edificados.

Os traballos de peonalización da Porta do Sol contemplan tamén a instalación dun sistema mecánico de acceso á mesma desde Carral, dando continuidade ás escaleiras mecánicas que soben desde o Sireno ata o campo de Granada. Caballero quixo trasladar a seu agradecemento e recoñecemento ao goberno vigués e en particular ao departamento de Fomento polo seu "gran traballo".
1580306507porta.JPG
1580306516portados.JPG
Descargar todas as imaxes