Escoitar

Abel Caballero reunirase coa ministra de Política Territorial o 6 de febreiro

O alcalde de Vigo presidiu este mércores a xunta de goberno da FEMP, tras a que anunciou esta entrevista. A reforma da Lei de Bases, a clarificación de competencias, o uso do superávit e o financiamento local, entre os principais temas a abordar co novo Goberno.

martes, 28 xan 2020
1580220245280120FEMPWEB.jpg
O vindeiro xoves, 6 de febreiro, a FEMP celebrará unha reunión coa Ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias. Será a primeira entrevista cun membro do novo Executivo aínda que, asegurou Caballero, xa se dirixiu aos ministros e ministras do Goberno para solicitar encontros nos que abordar os "temas pendentes, que son moitos e variados", e que xa foron avanzados co anterior Executivo en funcións.

Entre estes temas, Caballero destacou a modificación da Lei de Bases de Réxime Local, de 1985, para adaptala ás esixencias da modernidade; e anunciou que propoñería á ministra Darias a creación dun grupo de traballo singular do Goberno e da FEMP para avanzar nesta cuestión.

Cos novos ministros e ministras se tamén se abordará tamén unha reforma lexislativa para afianzar o carácter institucional dos concellos e da FEMP, e a clarificación de competencias, en especial daquelas que afectan os ámbitos de confluencia das Comunidades Autónomas cos municipios (competencias sobre educación, servizos sociais ou urbanismo, entre outras áreas).

En materia de financiamento a formulación da FEMP pasa por iniciar a negociación do financiamento local o mesmo día que arrinque a autonómica. E neste marco, Abel Caballero anunciou que os Gobernos Locais demandarán máis transferencias e non incremento de impostos locais porque, asegurou Caballero, "xa somos fiscalmente corresponsables".

No seu informe aos membros na Xunta de Goberno, o alcalde de Vigo e presidente da Federación tamén insistiu na necesidade de avanzar no respaldo normativo aos acordos alcanzados no grupo de traballo sobre Regra de gasto, en ampliar o catálogo de investimentos financeiramente sostibles e en modificar a lexislación que regula o imposto de plusvalías para adaptalo ás sentenzas dos Altos Tribunais.

Temporais
A Xunta de Goberno da FEMP aprobou unha Declaración na que propón a adopción de medidas urxentes para paliar os danos ocasionados polas borrascas e temporais que afectaron a extensas zonas do noso país. Ditas medidas pasan por que as Entidades Locais poidan acometer as reparacións co superávit de 2020, ampliando o catálogo de Investimentos Financeiramente Sostibles, sen incorrer en déficit e sen que o importe destinado a este fin contabilice en teito de gasto. Prevé igualmente a habilitación dunha liña especial de financiamento para estes efectos.

Na que foi a primeira Xunta de Goberno deste ano, o Presidente da FEMP, Abel Caballero, lembrou que o superávit dos Gobernos Locais ascenderá este ano a case 5.000 millóns de euros, e que os remanentes de Concellos e Deputacións poderían sumar ata 32.000 millóns.
Descargar todas as imaxes