xoves, 30 xan 2020
O alcalde enviará á Xunta un convenio para garantir o inicio da construción dun instituto en Navia antes de que se poña en marcha o Plan Parcial. O Concello comprométese para tal fin a urbanizar e ceder no mínimo tempo posible terreos próximos á ultima rotonda de Teixugueiras.
xoves, 30 xan 2020
O Concello atende ás persoas sen teito con dúas unidades de rúa que percorren a cidade facilitando información sobre os albergues municipais e distribuíndo mantas e bebidas quentes. Este servizo compleméntase co Programa Sereos, que facilita xeringas e produtos de hixiene.
xoves, 30 xan 2020
O alcalde deu conta hoxe dos actos que celebrará o goberno municipal para conmemorar esta efeméride e que inclúen a entrega do premio Galega Destacada 2019 a Rosana Ojea Carneiro o vindeiro sábado, 8 de febreiro.
xoves, 30 xan 2020
“Somos exemplares en España en transparencia e bo goberno“, apuntou o rexedor, quen valorou positivamente a concesión deste galardón por parte do Centro de Estudos Municipais e de Cooperación Internacional.
xoves, 30 xan 2020
Invitado pola dirección do centro, o alcalde tomou parte este xoves no acto de celebración do Día da Paz das xesuitinas, coa participación duns 700 escolares. O colexio organizou a lectura dun manifesto, baile e solta de globos biodegradables que portaban sementes de árbores autóctonas. Caballero louvou a iniciativa.
xoves, 30 xan 2020
A concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, presentou este xoves o evento xunto cos seus responsables. Este ano a cita será do 26 ao 28 de xuño, no parque forestal de San Miguel de Oia, nunha edición que busca consolidar o seu carácter sustentable a través da música, o deporte, as empresas, a educación e a arte, cun especial protagonismo para os máis pequenos.
xoves, 30 xan 2020
É a protagonista da última edición de Mostrarte, a iniciativa cultural que converte os espazos da Alcaldía nunha sala de exposicións. Coa súa pintura figurativa, a artista captura a última e exitosa campaña do Nadal vigués, facendo gala da súa ampla experiencia no tratamento da luz.