Escoitar

Dous equipos de rúa atenden ás persoas sen teito animándoas a pernoctar nos albergues

O Concello atende ás persoas sen teito con dúas unidades de rúa que percorren a cidade facilitando información sobre os albergues municipais e distribuíndo mantas e bebidas quentes. Este servizo compleméntase co Programa Sereos, que facilita xeringas e produtos de hixiene.

xoves, 30 xan 2020

 

O Concello dispón de dúas unidades de rúa atendendo ás persoas sen teito. Un equipo do propio albergue municipal de Marqués de Valterra e outro de Médicos do Mundo -financiado tamén polo Concello -, percorren a diario as rúas da cidade distribuíndo mantas, bebidas quentes e información sobre os albergues e outros recursos como a unidade de hixiene, comedor, sala de lecer, servizo de empadroamento. Respecto das   prazas nos albergues municipais para pernoctar, Caballero apuntou que a pasada noite quedaron dezaoito vacantes -dez para homes e oito para mulleres –.

Outra iniciativa complementaria da que deu conta esta mañá o rexedor é o Programa Sereos -ubicado en Jacinto Benavente – que, a través de Érguete, distribúe xiringas, produtos de hixiene ou mantas.