O Concello apoia a segunda edición do festival sostible The Wild, do 26 ao 28 de xuño
A concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, presentou este xoves o evento xunto cos seus responsables. Este ano a cita será do 26 ao 28 de xuño, no parque forestal de San Miguel de Oia, nunha edición que busca consolidar o seu carácter sustentable a través da música, o deporte, as empresas, a educación e a arte, cun especial protagonismo para os máis pequenos.
Os organizadores agradeceron este xoves a axuda prestada polo goberno de Vigo tamén nesta segunda edición, que busca consolidar o evento. A concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, felicitounos por levalo adiante, polo seu cariz ambiental e sustentable, e animounos a continuar en próximos anos.
Wild Fest incidirá este xuño en todo o que funcionou no primeiro ano, segundo explicaron, afondando nos valores sostibles para os máis pequenos. Se celebrará unha carreira e andaina explicativa sobre a xestión do monte, continuará coa participación de empresas de sostibilidade e bioconstrución, proxeccións de cinema con temática ambiental e concertos para todos os públicos.
Por último, os organizadores definiron este festival como multidisplinar e integrador, con numerosas actividades que compaxinan o deporte, o ocio e a cultura, sempre co foco posto sobre a sostibilidade e orientado a un público familiar.