O alcalde enviará á Xunta un convenio que comprometa a construción do instituto de Navia
O alcalde enviará á Xunta un convenio para garantir o inicio da construción dun instituto en Navia antes de que se poña en marcha o Plan Parcial. O Concello comprométese para tal fin a urbanizar e ceder no mínimo tempo posible terreos próximos á ultima rotonda de Teixugueiras.
O alcalde ofertou de novo á Xunta esta mañá a sinatura dun convenio para a construción do instituto de Navia antes de poñer en marcha o Plan Parcial. Na súa opinión, e fundamental garantir esta dotación educativa nunha zona na que se van a construír 1.600 novas vivendas porque “non se pode facer un plan de vivenda sen servizos”. O Concello comprométese a urbanizar os terreos e a ceder o solo de xeito gratuíto tan pronto como sexa posible para poder ubicar o instituto ao lado da última rotonda de Teixugueiras.
Por outra banda, o rexedor criticou o estado “desastroso” no que se atopan catro rúas de Navia que foron urbanizadas pola Xunta e que o Concello aínda non poido recepcionar polo mal estado no que se atopan Concretamente, o rexedor referiuse a Padre Seixas, Poza Cabalo, Limpiño e Lamelas, responsabilidade do goberno autonómico.