Escoitar

A Corporación insta á Xunta a licitar de inmediato as obras de ampliación do Ifevi

Na moción, defendida por María José Caride, demándase ao goberno autonómico a tramitación da ampliación do recinto feiral pola Lei 3/2016, a declaración da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e o establecemento da prevalencia dos intereses da ampliación sobre o interese forestal dos terreos afectados.

mércores, 29 xan 2020
O Pleno Municipal aprobou este mércores a moción do grupo socialista que conseguir o apoio do grupo mixto e do concelleiro non adscrito mentres o grupo popular se abstivo. No texto que defendeu a concelleira de Urbanismo, ínstase á Xunta de Galicia a licitar de inmediato as obras de ampliación do Ifevi, unha obra que se adxudicará unha vez aprobada a ampliación pola mencionada lei.

Con esta moción, o Concello reclama á Xunta de Galicia que tramite conxuntamente a ampliación do Ifevi polo procedemento establecido na Lei 3/2016, declarando a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e establecendo a prevalencia dos intereses da ampliación sobre o interese forestal dos terreos afectados. Pola súa banda, o Concello comprométese a realizar as expropiacións e a urxente ocupación dos terreos, que serán postos a disposición da Xunta de Galicia para permitir a execución das obras, reiterando o interese público de ampliar o Ifevi e a urxencia na execución dun proxecto que "ten que estar rematado no 2020".