O rexedor celebra co alumnado do CEIP Valle Inclán o Día da non Violencia e a Paz

Caballero compartiu coas nenas e nenos do centro educativo e co profesorado esta xornada na que celebraban o éxito do proxecto do Club de Convivencia polo que construíron máis de 1000 grúas de papel que enviarán ao Parque da Paz de Hiroshima, en Xapón. O rexedor lembroulles a importancia da paz na historia da humanidade e felicitounos pola iniciativa na que depositaron os seus mellores desexos de paz e convivencia.

venres, 31 xan 2020
Abel Caballero, xunto a escolares do centro
Abel Caballero, xunto a escolares do centro
Abel Caballero, xunto a escolares do centro
Descargar todas as imaxes