luns, 19 dec 2016
Na Praza do Rei, Vigo amosou hoxe luns a súa "condena total e absoluta", en verbas de Abel Caballero, polo "terrible asasinato" esta fin de semana en Vigo dunha moza de 25 anos na Avenida de Madrid, presuntamente a mans da súa exparella. O alcalde decretou tres días de loito e reiterou o compromiso vigués contra as violencias machistas.
xoves, 15 dec 2016
AConcellería de Igualdade do Concello de Vigo, convidá a asistir ás proxeccións de curta seleccionadas polo festival Cortoespaña os dias 16 e 29 de decembro no Auditorio Municipal
luns, 12 dec 2016
O alcalde entregou este luns os diplomas da última edición destes cursos de defensa persoal que imparte a EVAP, unidade específica da Policía Local, co fin de que adquiran "adestramento e autoestima".
venres, 25 nov 2016
Arredor de 2.200 estudantes de Secundaria da cidade confeccionaron un tapiz humano na rúa Urzáiz co lema "Desmontando os mitos do amor romántico" para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Machista. No acto, o alcalde destacou a importancia de que os máis novos se comprometan contra a violencia de xénero.
mércores, 23 nov 2016
2.500 alumnos e alumnas de Secundaria darán vida o próximo 25 de novembro ao tapiz humano que cubrirá os arredores do Farol de Urzáiz. "Desmontando os mitos do amor romántico" é o lema co que o Concello conmemorará este ano o Día Internacional contra a violencia machista.
venres, 21 out 2016
A Concellería de Igualdade organiza os días 4 e 5 de novembro unhas Xornadas, que baixo o título "Unidas contra as violencias machistas" tratarán sobre a Violencia de Xénero.
martes, 18 out 2016
O Centro de Documentación e Recursos feministas acolle a presentación do libro "Nadie muere la víspera" de Stella Estrada o mércores, 19 de outubro de 2016 ás 19.00 horas. Interveñen Stella Estrada e Xesús Alonso Montero.<br />
<br />
<br />
xoves, 6 out 2016
Desde o día 7 de outubro a Casa das Mulleres acollerá a exposición "Pintando en pastel" que recompila os traballos realizados polas alumnas que participaron no 1º obradoiro de pintura en pastel. impartido por Paula Mariño. A mostra poderase visitar ata o día 21 de outubro, de luns a venres, en horario de 17:30 a 21:00h.
mércores, 5 out 2016
O Concello coopera co XXI Encontro sindical da muller que se desenvolverá mañá xoves no hotel Coia, baixo a organización das centrais sindicais. Estas xornadas incluirán debates tan importantes como as dificultades das mulleres no mercado laboral ou as diferencias salariais respecto dos homes.
martes, 4 out 2016
Este mércores, 5 de outubro, ás 19:00h, no Centro de Documentación Feminista, terá lugar a presetación do libro "Letras escarlata. Estudos sobre a representación da menstruación" Teresa Bermúdez Montes, Mônica Heloane Carvalho de Sant'Anna (eds.)