Escoitar

Representación da obra teatral "Sofia e as postsocraticas"

A Concellería de Igualdade promove esta actividades de teatro que se enmarca nas accións de prevención e concienciación contra a violencia de xénero. Trátase da representación da peza teatral "Sofía e as postsocráticas" da compañía Inversa Teatro.

luns, 5 nov 2018
1541421287postsocraticas.jpg
A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O sábado 10 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vigo. Acceso: gratuíto con aforo limitado.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) tratarase de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que se poida facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as nosas personaxes.
Descargar todas as imaxes

Máis información