O goberno municipal destina 1,5 millóns de euros aos espazos deportivos baixo a grada de Río
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a clasificación de ofertas para a execución dos traballos que supoñerán a creación de dous novos pavillóns deportivos. Amais deu luz verde ás axudas a once deportistas vigueses de alto nivel por valor de 26.000 euros.
O alcalde explicou que o acondicionamento destes espazos inclúe novos acabados dos espazos deportivos, novos vestiarios e aseos públicos, a ampliación do vestíbulo e novos accesos aos espazos xa existentes, nova instalación de iluminación LED, nova instalación contra incendios, fontanería e climatización así como a renovación de aire dos vestiarios. A clasificación de ofertas aprobada pola Xunta de Goberno recolle un orzamento de 1.469.000 euros e un prazo de execución de 11 meses.
Abel Caballero apuntou que o seu goberno ten remodelado xa 8 pavillóns "practicamente novos", citando os de Candeán, Navia, os dous na ETEA, Romil e Quirós, que se están executando nestes momentos e os dous baixo a grada de Río.
Axudas a deportistas vigueses
A Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria de subvencións orientadas a potenciar os programas de participación de 11 deportistas de Vigo en competicións oficiais de alto nivel na temporada 2017/18 por un importe de 26.000 euros. Os beneficiarios compiten nas especialidades de bádminton, vela, ximnasia acrobática, tenis e tríatlon.