O orzamento social crecerá en 2019 ata os 17,7 millóns, un 22,3% máis que o ano pasado
O alcalde detallou esta mañá as partidas principais das contas de 2019, que alcanzan a histórica cifra de 257,5 millóns. Trátase dun orzamento equilibrado, con rebaixa de carga fiscal e moi "volcado na xente". Entre outros aspectos, destacou os 2,7 millóns que aumenta a política social respecto ao ano pasado, pasando de 14,8 a 17,7 millóns.