Escoitar

O Concello activa o servizo especial de autobuses para a festividade de Todos os Santos

Un servizo especial de transporte urbano porase en marcha este xoves 1 de novembro para facilitar o desprazamento de pasaxeiros ata os cemiterios da cidade. Ademais, as liñas regulares máis demandadas disporán dun servizo de ampliación de frecuencia.

martes, 30 out 2018
O Concello de Vigo porá en marcha un servizo especial de autobuses e reforzará todas as liñas que prestan servizo aos cemiterios con motivo da festividade de Todos os Santos que terá lugar este xoves, día 1 de novembro. Así, incorporaranse os autobuses necesarios para cumprir coas demandas dos usuarios ao longo da xornada. Ademais das liñas regulares, disporán dun servizo de ampliación de frecuencia nas liñas C3, L15 e L17.

Relación de cemiterios e liñas:
Teis: C3
Bouzas: C3, L4 A/C, L5 B y L15 A/C
Pereiró: H2, L7, L8, L12 B e L17
Zamáns: L7
Puxeiros: L15 C
Beade: L6 y L27
Candeán: L9 B
Cabral: L11
Matamá: L17
Alcabre: L10 y L15 A/C
S. Andrés: L11 e L29