Abel Caballero, satisfeito da resposta "positiva" da ministra de Facenda ás demandas dos concellos
O alcalde e presidente da FEMP celebrou o resultado "moi satisfactorio" da súa reunión deste luns en Madrid con María Jesús Montero. Abel Caballero puxo en valor que a ministra reunirá o grupo de traballo para o teito de gasto e estudará ampliar os usos permitidos para o investimento do superávit dos concellos