Concello, Xunta e Ministerio cofinanciarán un estudio para buscar a mellor alternativa de subministro de auga a Vigo
O alcalde avanzou esta mañá a elaboración dun estudio "no tempo máis breve posible" que permita implementar unha solución estrutural ao problema da auga en Vigo. O obxectivo é analizar a viabilidade de todas as posibles alternativas de abastecemento nos aspectos técnicos, económicos, de mantemento e medioambientais.
Concello, Xunta e Ministerio de Transición Ecolóxica acordaron esta mañá encargar un estudo para decidir a mellor solución definitiva ao problema de subministro de auga de Vigo. O alcalde; o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán; e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, tomaron a decisión de financiar a terzos un estudo que valore a viabilidade técnica e medioambiental de cada unha das alternativas nas que se barallan. Segundo avanzou o rexedor en rolda de prensa, vanse contemplar todas as opcións, sen descartar novas opcións que puideran aportar os técnicos: recrecida da presa de Eiras (construír unha nova bóveda colocada diante da existente), unha nova presa na parte alta do Oitavén, un transvase permanente desde o Verdugo ao Oitavén na parte alta da conca -tal a como suxeriu a Xunta no 2011 – e, por último, o transvase desde o Miño ata a potabilizadora de Vigo. Tal e como explicou o alcalde, unhas solucións son máis "plausibles" que outras, atendendo á dificultade técnica e do custe das mesmas, explicou. Tamén aludiu ás dúas solucións de emerxencia propostas pola Xunta. A primeira delas, do ano 2011, pasa por unha condución desde máis abaixo da confluencia do Verdugo e do Oitavén ata a canalización de Vigo, mentres que a alternativa ofrecida o ano pasado consistía en realizar outra canalización desde a zona alta do Verdugo.
As tres administracións decidiron que sexa o Concello o que contrate este estudo, e previamente asinarán un convenio de cooperación baseado nun borrador achegado pola Xunta e que, unha vez asinado, permitirá a licitación deste traballo nun prazo aproximado de tres meses. O rexedor amosou a súa satisfacción co resultado deste encontro porque ese estudo -valorado nuns 200.000 euros- pode estar redactado en 6 o 8 meses e, polo tanto, "teremos enfocada a solución estrutural ao problema da auga". Logo de indicar que levaba cinco anos reclamando esta reunión, cualificou o encontro de "cordial, no terreo da cooperación".
O rexedor tamén aludiu ao caudal ecolóxico, un tema no que non houbo acordo na reunión a pesar da insistencia do rexedor en reclamar criterios climatolóxicos e non de calendario para decretar a cantidade de auga que se verte ao río. Lembrou que o dato de pluviosidade do mes de outubro "é moi preocupante" dado que choveu na conca de Vigo a cuarta parte que nos últimos dez anos.
No encontro tamén estiveron presentes o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez.