O alcalde abordará este venres o problema de abastecemento da auga coa Secretaría de Estado de Medio Ambiente
Abel Caballero manterá este venres unha reunión en Vigo con responsables da Secretaría de Estado de Medio Ambiente para abordar o problema do subministro de auga na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manterá este venres unha reunión de traballo con responsables da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, para abordar a problemática do abastecemento de auga na cidade.
O rexedor explicou que actualmente o subministro de auga "é o maior dos problemas" de Vigo e advertiu de que este mes de outubro a pluviosidade ata o luns pasado foi de 89 litros por metro cadrado cando a media é de máis de 300 litros.
"Espero moito da reunión de mañá e sei que vai ir moi ben, porque na Xunta non teño ningunha esperanza e o Goberno de España está coa man tendida", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.