Escoitar

Programa "Vigo arrólate"

O domingo iniciase o programa Vigo Arrólate; espectáculo destinado a xente miúda de entre 0 a 3 anos, con Cé Orquestra Pantasma e os FÍOS DO QUERER. Será no Verbum ás 12 horas

mércores, 24 out 2018
1540378677viigoarrolate.jpg
O espectáculo musical FÍOS DO QUERER, da man de Cé Orquestra Pantasma, vai ser o punto de partida da programación de outono do programa VIGO ARRÓLATE!, de dinamización lingǘística da primeira infancia, que incluirá contadas, actividades formativas e lúdicas nos meses de novembro e decembro.

Este espectáculo, destinado a nenas e nenos de O a 3 anos, preséntase como un espazo de encontro para xogar, cantar e bailar coas nenas e nenos de colo, no que a rapazada e as súas familias son os protagonistas, a través da música e do xogo.

Paseniñamente iranse debullando as sinxelas e agarimosas cancións que forman o traballo homónimo de Cé Orquestra Pantasma, e que axudarán a estimular a sensibilidade musical, o ritmo, a oralidade en lingua galega e a interacción da rapazada e as súas familias.
Ao remate do espectáculo-obradoiro haberá tamén un espazo de xogo libre, con material natural non estruturado,  denominado TERRA.

A actividade é de balde e non é precisa a inscrición previa; as prazas ocuparanse ata completar a capacidade.

Duración total estimada: 60 minutos.
Descargar todas as imaxes