Escoitar

Caballero lembra aos mozos que "o que non respecta ás mulleres non ten categoría"

Centos de alumnos da ESO e Bacharelato aprenden sobre os perigos das redes sociais, estereotipos de xénero e machismos nas Xornadas Municipais de Igualdade na Rede.

martes, 23 out 2018
1540299001igualdad.JPG
Alumnos de institutos de toda a cidade asisten desde onte e ata mañá ás Xornadas Municipais de Igualdade na Rede que organiza a concellería de Igualdade e que se celebran no Auditorio do Concello. Caballero saudou esta mañá aos participantes da xornada, que asistiron á charla da psicóloga Ianire Estébanez, experta en redes sociais e adolescentes.

"O máis importante é o respecto cara ás mulleres; o que non o fai non ten categoría", destacou. O alcalde, recibido con entusiasmo polos alumnos, explicoulles a importancia de "construír un Vigo que compartimos todos" e asegurou a importancia que ten para el a opinión da xente nova para realizar o seu labor.

As xornadas tratan temas como os estereotipos de xénero, machismo e homofobia; a prevención e identificación da violencia sexista; a promoción das relacións afectivas baseadas no respecto mutuo e a igualdade e o bo uso das redes sociais.
Descargar todas as imaxes