Escoitar

O Ifevi revivirá o mítico "Wembley 86" de Queen o próximo sábado 27 de outubro

O alcalde anima a toda a cidade a gozar da mellor música de Freddie Mercury o próximo 27 de outubro no Ifevi, coa banda número 1 de tributo a Queen, Dios Salve a la Reina. Os asistentes terán unha nova oportunidade de revivir o mítico concerto "Wembley 86".

luns, 22 out 2018
1540211969221018AlcaldeQueen.JPG
God Save the Queen, a banda "número 1" de tributo a Queen de todo o mundo, emulará o 27 de outubro no Ifevi o concerto máis importante do grupo británico e a súa última actuación en directo, "Wembley 86". God Save the Queen (Dios Salve a la Reina) naceu en 1998 e a través dos anos se converteu, segundo a prestixiosa revista Rolling Stone, no mellor grupo tributo da música de Freddie Mercury.

Para celebrar os vinte anos de carreira interpretando a Queen, a banda iniciou unha xira internacional que xa percorreu escenarios de Tokyo, Australia, USA, Brasil e da que Vigo formará parte o próximo sábado 27 de outubro a partir das 21,30 horas. O Ifevi acollerá un show completamente renovado e unha posta de iluminación e escenografía impresionantes, recreando maxistralmente na súa actuación, o máis icónico concerto de Queen.

Na rolda de prensa o alcalde estivo acompañado polo promotor, Guillermo Iglesias, quen avanzou a disposición de lanzadeiras de Vitrasa para favorecer o acceso ao recinto feiral desde Vigo.
Descargar todas as imaxes