Escoitar

O Concello licita a humanización da Praza de América

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o expediente de contratación das obras de mellora da Plaza de América cun orzamento de 1,9 millóns e un prazo de execución de 8 meses. Ademais, tamén saiu adiante a contratación da nova Biblioteca de Navia.

venres, 19 out 2018
1539953826pzamerica.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da licitación da obra da mellora da contorna da Praza de América cun orzamento de 1,9 millóns e un prazo de execución de 8 meses.

"É un novo proxecto para unha cidade europea, é a modernidade, a forma de entender Vigo", sinalou o rexedor tras destacar as características principias que terá a humanización. Así, as obras a executar teñen o obxectivo de peatonalizar a praza e abrir unha ruta de acceso para os viandantes de forma que poidan cruzar a través do monumento da Porta do Atlántico.

A actuación inclúe a renovación das redes de abastecemento, saneamento, alumeado e drenaxe. Ademais, para evitar o ruído do trafico haberá un anel verde formado por vexetación sobre xardineiras, tanto no perímetro exterior como no interior.

O proxecto tamén substitúe as de formigón por pezas de granito gris e o novo pavimento na nova praza central e accesos para peóns, novos semáforos, sinais e mobiliario, ademais de novo vaso para a fonte con gradas e xardineiras no perímetro das zonas para peóns, bancos, papeleiras e elementos informativos e de posta en valor da praza.

Biblioteca de Navia
Ademais, o alcalde tamén informou de que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación das obras de acondicionamento de local como sala de lectura-biblioteca en Navia cun orzamento de 440.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A licitación permitirá abrir un novo espazo cultural en Navia cunha superficie total construída de 852 m² e uns 200 postos de lectura habilitados.

"Esta gran biblioteca e sala de lectura de Navia súmase á de Neira Vilas, á que puxemos en marcha no Auditorio Mar de Vigo, á da Casa do Patín e á que proxectamos no vello ambulatorio de Teis, de forma multiplicáronse por cinco as bilibotecas desde que gobernamos", sinalou Caballero.
Descargar todas as imaxes