O Concello adxudica os aparcamentos de Jenaro de la Fuente e Castelao cunha rebaixa do 6% nas tarifas
Segundo informou este xoves o alcalde, o goberno de Vigo adxudicou a concesión dos estacionamentos soterrados cunha diminución do 6% nos prezos das prazas de rotación e un incremento do canon a ingresar pola empresa no Concello. Para Caballero, o novo contrato é "bo para os cidadáns e bo para as arcas municipais".
Os aparcamentos soterrados de Jenaro de la Fuente e da Avenida de Castelao terán unha nova xestión, logo de que o goberno de Vigo teña adxudicado o contrato de concesión por 25 anos á unión temporal de empresas conformada por Welgood Carsharing e Tranvías Eléctricos de Vigo.
Así o trasladou este xoves en rolda de prensa Abel Caballero, quen valorou que a oferta gañadora do concurso público inclúe unha diminución lineal dun 6% nas tarifas máximas dos aparcamentos e ademais incrementa en case 18.000 euros anuais o canon que a concesionaria debe abonar ao Concello de Vigo. En total, a empresa ingresará á administración local 3.444.000 euros.
Abel Caballero recordou que o contrato previo foi outorgado en concesión polo goberno vigués anterior á súa chegada á Alcaldía, que "acabou no abandono da concesión" pola empresa adxudicataria anterior. Agora o goberno de Vigo adxudica un contrato "con prezos máis baixos e maior recadación por parte do Concello. Temos que felicitarnos porque o cambio foi para ben", concluíu o alcalde.