Escoitar

A reforma da rúa Venezuela, con carril bici e parque infantil, terá un investimento total de 5 millóns de euros

Abel Caballero avanzou este mércores que dúas fases da humanización estará finalizadas nas vindeiras semanas. O alcalde de Vigo explicou que en total serán renovados 7.000 metros cadrados de beirarrúas e 3 quilómetros de tubaxes.

mércores, 17 out 2018
1539781683venezuela.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes en rolda de prensa dos investimentos que o Concello de Vigo está a realizar na rúa Venezuela para humanizar a zona e renovar as redes de saneamento e abastecemento.

Segundo informou o rexedor, a obra inclúe un carril bici, a pavimentación de 7.000 metros cadrados de beirarrúas, máis de 3 quilómetros de novas tubaxes. "A rúa Venezuela levaba abandonada desde hai un século, unha rúa no centro da cidade, xa pasou en Pi e Margall, o que había debaixo do solo era unha cochambre, unha zona habitada no centro de Vigo", sinalou Caballero.

A humanización ten un orzamento de case 4 millóns e medio de euros, aos que hai que sumar outros 800.000 euros do novo parque infantil, polo que o investimento supera os 5 millóns de euros. "Afortunadamente o paga Europa, porque aquí sabemos facer as cousas", engadiu.

Respecto aos prazos de finalización da obra, o alcalde afirmou que o tramo de El Corte Inglés vai con un mes adianto e outro tramo abrirá de forma inmediata ."É a humanización máis necesaria da cidade", insistiu.
Descargar todas as imaxes