Escoitar

Vigo inviste 650.000 euros en renovar a iluminación viaria nas parroquias do rural

O alcalde de Vigo anunciou este martes que o Concello investirá un total 650.000 euros nos vindeiros tres meses para renovar a iluminación viaria das parroquias do rural. A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para adxudicación do contrato de eficiencia enerxética.

martes, 16 out 2018
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o pasado xoves a clasificación de ofertas para a contratación do subministro na súa modalidade de adquisición para a mellora de eficiencia enerxética na renovación de elementos de iluminación viaria.

Segundo informou Abel Caballero en rolda de prensa, o importe total da actuación ascende a 650.000 euros e ten un pxazo de execución de tres meses co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e renovar elementos de iluminación viaria como columnas, luminarias, cadros de mando e material eléctrico.

"O destino principal do novo material serán as parroquias do rural, polo que nos vindeiros meses imos a renovar a iluminación viaria", apuntou o alcalde.