O orzamento municipal alcanzará en 2019 os 257,5 millóns, a maior cifra da súa historia
Abel Caballero presentou esta mañá as grandes liñas do maior orzamento da historia da cidade que en 2019 alcanzará os 257,5 millóns. Co obxectivo de seguir estimulando a economía e unha clara vocación social, os investimentos superarán os 30 millóns, un 17,2% máis que en 2018 e a política social alcanzará os 17,5 millóns, un 18,2% máis que o pasado exercicio.