O goberno local aumenta un 20% a súa achega a persoas con dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar
Abel Caballero informou este luns de que a Xunta de Goberno Local aprobou un incremento da achega do goberno local para persoas dependentes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O novo contrato eleva ata máis de 400.000 horas de servizo.