Escoitar

O Concello impulsa o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno Local aprobou a proposta para a elaboración do Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais. O rexedor explicou que a iniciativa é paralela ao deseño do anel verde que protexerá os montes vigueses.

xoves, 11 out 2018
1539262161alcalde.JPG
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a proposta de elaboración do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais que permitirá protexer os montes vigueses ante a eventuais situacións como as vividas hai agora un ano.

Así o comunicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que tamén explicou que a dirección do plan recaerá no concelleiro de Parques, Xardíns e Montes, Ángel Rivas.

"Esta medida vai en paralelo ao deseño do anel verde, iniciativa que imos a iniciar cunha experiencia piloto", sinalou o rexedor.

A comisión técnica que fará o seguimento estará integrada polos xefes das áreas de Servizos Xerais, Medio Ambiente, Cartografía e Seguridade, ademais de técnicos de Urbanismo, Administración Electrónica e Departamento Administrativo.

Axudas a familias
Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou a resolución da convocatoria do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a familias para gastos de alojamiento, suministros y alimentación cun total de 1,6 millón de euros e un total de 5.611 achegas concedidas a 1.937 solicitantes.
Descargar todas as imaxes