mércores, 10 outubro 2018

As rutas guiadas volven a Pereiró no Samaín

mércores, 10 out 2018

Organizadas polo Concello de Vigo, o cemiterio de Pereiro acollerá durante os meses de outubro e novembro unha nova edición das rutas guiadas para coñecer o patrimonio histórico e cultural. As visitas chegan de novo co gallo do Samaín e nesta ocasión as personaxes históricas serán Cachamuíña, Irene Ceballos, Concepción Arenal e a Marquesa de Valadares.