O goberno de Vigo analiza o estado do antigo ambulatorio de Teis, que converterá en biblioteca
O Concello ten o borrador de convenio de cesión gratuíta do edificio, situado en Enrique Lorenzo 54, e xa traballa nos informes de valoración do estado das instalacións. Logo da negativa do anterior executivo central, o alcalde valorou que o novo Goberno de España ceda "con celeridade e de balde" este inmoble.
O borrador de convenio de cesión gratuíta do antigo centro de saúde de Teis xa está en mans do Concello de Vigo, segundo informou este martes en rolda de prensa Abel Caballero, quen engadiu que o inmoble será reconvertido en biblioteca pública.
Así, o Concello ten revisado o texto e traballa na súa tramitación, elaborando os informes de valoración do estado das instalacións. Anotou Caballero que agarda que "en poucos días" poida asinar a cesión co Goberno de España.
O alcalde quixo recoñecer que o novo executivo presidido por Pedro Sánchez decidira "con celeridade e de balde" a cesión do antigo ambulatorio ao Concello de Vigo. Caballero recordou que o goberno de Rajoy, pola contra, negouna ata en dúas ocasións: "o que importan son os feitos", concluíu.
Abel Caballero recordou que, desde a súa chegada á Alcaldía, o Concello abriu a biblioteca municipal Neira Vilas -en Martínez Garrido- e a biblioteca-sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo, con máis de 400 postos. Ademais, e tamén en materia cultural, o goberno vigués adica 440.000 a un novo espazo destas características en Navia, que podería estar en obras no mes de decembro e operativo para marzo do próximo ano. Por último, o Concello promove xunto ao Ministerio de Cultura a construción dunha biblioteca do Estado en Vigo, nos terreos próximos os actuais edificios xudiciais da rúa Lalín.
Descargar todas as imaxes