Escoitar

Caballero someteuse ás preguntas dos alumnos de Primaria do colexio Atalaia Cantabria

Un grupo de cinco alumnos de Primaria do colexio Atalaia Cantabria entrevistou esta mañá ao rexedor nas instalacións do centro educativo. Diante dos micros respondeu preguntas sobre a xornada diaria dun alcalde, sobre o futuro do Dinoseto ou sobre as Illas Cíes, entre outras cuestións. <br />

luns, 8 out 2018
1539002987atalaia.JPG
O alcalde de Vigo visitou esta mañá o colexio Atalaia Cantabria onde tivo oportunidade de saudar aos alumnos e profesorado deste centro de ensino de Infantil e Primaria. Logo de visitar as instalacións, o alcalde foi entrevistado por un grupo de estudantes de Primaria que se interesaron, entre outras cuestións, por saber o que fai un alcalde no seu día a día, sobre o Dinoseto ou sobre que pode facer a comunidade educativa para que as Illas Cíes sexan Patrimonio da Humanidade.
Descargar todas as imaxes