Concello e Mancomunidade de Montes organizan actos lúdicos, artísticos e formativos un ano despois dos lumes de outubro do 2017
O alcalde eloxiou o comportamento da cidade na extinción dos fogos do pasado ano e indicou que este programa ofrece actividades "de diferente ámbito para manter viva a memoria". Caballero avogou por unha política forestal baseada no coidado do monte comunal, a creación dun anel verde e a limpeza dos terreos privados.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, presentaron este venres as actividades organizadas ao primeiro ano da vaga de lumes de outubro de 2017 que asolou un terzo da superficie forestal de Vigo, a desenvolver en outubro e novembro.
O programa previsto incorpora unha variedade de accións que pretenden colocar enriba da mesa a situación que se viviu o 15 de outubro de 2017, así como os pasos que se van dando para realizar un exercicio de revisión da ordenación dos montes periurbanos de Vigo e, ao mesmo tempo, combinar a función social que ten o monte coa necesaria función produtiva que permita a súa sosteñibilidade no tempo.
O sábado 6 de outubro, durante todo o día diante do MARCO, terá lugar a Xornada artística de pintura e escultura en madeira "Arte en vivo, arte no queimado" a cargo de escultores e pintores de Galicia e Norte de Portugal. Poderase comprobar en directo como distintos artistas perciben o impacto da vaga de lumes vividas a ambos lados do Miño.
Precisamente os lumes de 2017 tiveron lugar despois de realizarse a Trail polos montes de Vigo. Por tal motivo, para manter viva a dinámica dos montes, o domingo 14 de outubro terá lugar a V Trail Montes de Vigo e, nesta ocasión, a I Andaina pola rexeneración dos Montes de Vigo. O proceso de inscrición xa está aberto e a cidadanía viguesa pode apuntarse a través do blog montesdevigo.blogspot.com. O recadado nesta acción adicarase aos actos de rexeneración dos montes queimados e á creación dun anel verde.
O 21 de outubro, as 20:00h, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, o I Festival Solidario pola rexeneración dos montes de Vigo, coa participación de grupos musicais das parroquias afectadas: Banda de Gaitas Xarabal, B.U.M. de Valladares, Cordas Novas C.R.A de Coruxo e Os Ventos de Comesaña.
Finalizarase o programa de actos cunhas xornadas técnicas para abordar "Redeseñando os montes periurbanos", que terán lugar no Centro Cultural de Valladares o 10 de novembro e cunhas xornadas divulgativas "Froitos do noso monte - V edición" a celebrar na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus o 15 de novembro.
Durante o outono e o inverno está previsto continuar coas labouras de plantacións nos montes queimados, na que están convidados os centros educativos e aquelas entidades que teñan a ben participar no programa de patrocinios aberto. Nestes momentos, froito da acción do outono e inverno pasado, nos viveiros que Montes de Vigo habilitou para o efecto xa hai un importante número de árbores autóctonos preparados para a súa plantación.
Descargar todas as imaxes