Escoitar

O Auditorio do Concello acolle do 15 ao 18 de outubro as XXV Xornadas de Filosofía, que homenaxean a Jesús Mosterín

O Caballero reivindica a maior presenza desta disciplina no Bacharelato "polo seu valor esencial para o desenvolvemento individual e colectivo".

venres, 5 out 2018
1538738883051018XornadaFilosofia.JPG
O Auditorio do Concello acolle do 15 ao 18 de outubro as XXV Xornadas de Filosofía, que homenaxean nesta edición a Jesús Mosterín, un dos filósofos máis relevantes dos últimos tempos e que faleceu hai un ano.

Caballero demandou unha maior presenza da Filosofía no Bacharelato "polo seu valor esencial para o desenvolvemento individual e colectivo". Ademais, felicitou a Avelino Muleiro, presidente do Grupo Aletheia, coordinador das xornadas, por "a continuidade que lograstes dar a este imprescindible espazo para a reflexión".

Muleiro, pola súa banda, destacou a "gran sintonía que ten a ciudanía viguesa coas xornadas" e asegurou que o cartel destas "vodas de prata" é "inigualable, tanto polo nivel dos conferenciantes como polo da persoa á que se homenaxea". Mosterín, lembrou, "é un dos filósofos máis selectos dos últimos anos, rivalizando con nomes como Ortega e Gasset e Unamuno, e traballou durante anos na consolidación destas xornadas, achegando sempre orixinalidade e sabedoría".

Durante os catro días que duran as xornadas pasarán polo auditorio grandes voces da Filosofía como Vitoria Camps, Javier Sábada, José Manuel Sánchez Ron e Antoni Fontdevila. A entrada é gratuíta ata completar o aforamento.
Descargar todas as imaxes