xoves, 11 out 2018
O Consorcio do Casco Vello de Vigo "practicamente non ten actividade", denunciou Abel Caballero, quen esixiu á Xunta de Galicia que inclúa no proxecto orzamentario do próximo ano unha partida de 5 millóns para "multiplicar por dez" o investimento na zona vella. O Concello achegará "a parte que nos corresponda" co mesmo fin.
xoves, 11 out 2018
Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno Local aprobou a proposta para a elaboración do Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais. O rexedor explicou que a iniciativa é paralela ao deseño do anel verde que protexerá os montes vigueses.
xoves, 11 out 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este xoves o seu apoio a esta asociación pola súa capacidade de "visibilizar o papel da muller no ámbito empresarial"
xoves, 11 out 2018
O rexedor anunciou que este ano haberá récord de participación, pois esta subiu un 20% sobre 2017 para superar o medio milleiro de judokas de idade cadete. "A Supercopa é un circuíto que se abre en Vigo, como debe ser", sostivo Caballero, que indicou que as seguintes citas serán en Avilés (outubro) e Pamplona (decembro).
xoves, 11 out 2018
A Concellería de Igualdade mantén aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: obradoiro de escritura "Escribir a nosa historia" (iniciación) e obradoiro de pintura "O obxecto e o espazo cotiá na arte do s. XX na obra de mulleres artistas".
xoves, 11 out 2018
Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios, faise a convocatoria dos seguintes cursos monográficos: "O debuxo como linguaxe na moda: O figurín II", "Elaboración de espadillas", "Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume", "O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto". Os cursos están abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.