Escoitar

O Concello ten en marcha catro pavillóns deportivos por valor de 6,5 millóns de euros

Vigo contará nos próximos meses con catro novas dotacións deportivas o que supón un investimento de 6,5 millóns de euros. Hoxe mércores arrancou a obra no pavillón de Romil e a semana que vén comezará a de Quirós, ás que se sumará proximamente a rehabilitación integral dos dous pavillóns da grada de Río.

mércores, 10 out 2018
1539174870DSC06321.JPG
O alcalde e a presidenta da Deputación participaron esta mañá no acto de colocación da primeira pedra do novo pavillón de Romil 77. Cun orzamento de 2,1 millóns e un prazo de execución de 11 meses, actuarase nunha superficie de 2.500 m2. Entre as obras executar, explicou o rexedor en declaracións previas, destaca a impermeabilización da praza superior de uso público, en Hispanidade, así como a renovación da beirarrúa exterior ao pavillón, na rúa Romil. No interior, construirase unha gran grada, zonas de paseo e aseos, ao tempo que se instalarán pavimentos de madeira e vinílicos para as zonas deportivas. Esta nova dotación estará a disposición do público en xeral e será usado especialmente polos alumnos do CEIP Doutor Fleming.

O rexedor tamén anunciou que semana que vén comezará a construción do pavillón de Quirós, cun custo de case 3 millóns de euros e tamén será unha dotación "excepcional". Unhas obras ás que hai que sumar a remodelación integral dos dous pavillóns de Río, acometidas tamén polo Concello e a Deputación. Cun orzamento de 1,1 millón de euros, estanse a construír "practicamente" dous pavillóns novos, reformando o firme, entre outras actuacións. O orzamento destas catro instalacións deportivas elevase a 6,5 millóns.

Deste xeito, en Vigo haberá en breve catro novas dotacións deportivas que se engaden ás construídas nos últimos años: o pavillón de Navia, o de Candeán e os dous da Etea. O rexedor reiterou neste punto a vontade do goberno local de construír a instalación deportiva de Matamá, dotada cun orzamento de 3 millóns de euros, e paralizada pola Xunta de Galicia.

Adicionalmente, detallou Caballero, tamén se realizaron reformas integrais nas instalacións de Monte da Mina, e de Sárdoma, ás que hai que sumar traballos de mellora no pavillón do Carme, na Pista Vermella, en Bouzas, Coia, Teis, Lavadores, Bembrive e Travesas.
1539174870DSC06321.JPG
1539174882DSC06329.JPG
1539174894DSC06327.JPG
1539174915DSC06346.JPG
Descargar todas as imaxes