Escoitar

Aberto prazo de inscrición para obradoiro de autoprotección para mulleres

O Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de AUTOPROTECCIÓN co obxectivo de proporcionar ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal.

mércores, 10 out 2018
Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.

No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco, a estar alerta ante tentativas de agresión, e aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa... Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal.

O primeiro día do obradoiro realizarase unha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección desde unha perspectiva de xénero, que será impartida pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

As seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local.

Datas: 30 de outubro, e 5, 6, 8, 9, 12, 13, 15 e 16 de novembro. 9 sesións. 19 horas

Horario: 16:30 a 18:30 h (agás a sesión introdutoria do día 30 que será de 16:30 a 19:30 h).

Lugar: Casa das Mulleres e instalacións da Policía Local. Concello de Vigo

Prazo e requisitos para a inscrición:

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Non é necesario ter unhas condicións físicas determinadas nin coñecementos previos sobre ningún tipo de arte marcial. A formación desenvolverase de tal xeito que todas as alumnas poidan realizar satisfactoriamente a actividade.

Inscrición previa desde o mércores 10 de outubro, e ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, de 9:00 a 13:30 h; ou ben a través do teléf. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h.