O Goberno de Vigo ten en marcha un plan de humanizacións no rural por máis de 5 millóns de euros
O Concello ten en marcha un plan de humanizacións no rural por valor de máis de 5 millóns de euros con actuacións en todas as parroquias. Algunhas das obras comenzarán de xeito inmediato e o resto arrancarán a finais deste ano.
A Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá aos proxectos de humanización das seguintes zonas do rural de Vigo: Matamá (rúa Manuel Cominges, Camiño Carrazóns e rúa Abade Juan de Dios); Valladares (Estrada Zondal, Estrada Costa e Estrada do Freixo); Coruxo (Camiño Río da Barxa); Candeán (rúa Rabadeira); Bembrive (rúa Segade); Teis (Doutor Corbal); Beade (rúa Cabada, Becerreira, rúa Figueiras, rúa Fontaíñas de Arriba e Camiño Chamuscada); Lavadores (Camiño Pombal, rúa Santa Cristina, Camiño Sabaxáns, rúa Pardavila, Camiño Vello, rúa Cortellas, rúa Naia e rúa do Areeiro); Alcabre (Camiño Turido e Camiño Fontes); Sárdoma (Camiño Costa Peteta, Camiño Rioboo e Subida de Relfas); Oia (Camiño Cesáreo Vázquez e Estrada Igrexa Roteas); Saiáns (Baixada Praia) e, por último, Zamáns (Estrada de Vilaverde). Estes traballos, cun importe superior aos 2 millóns de euros, comezarán a finais de ano, mentres que en xaneiro arrancará outra quenda de obras por valor de 2,6 millóns.
Neste lote atópanse as seguintes zonas: A Salgueira (rúa Mantelas); Beade (Camiño da Brea, rúa Costa da Gándara e máis a Estrada da Venda); Cabral (rúas Caeiro e Figueiras; rúas Penís de Abaixo e Praza da Feira); Coruxo (Estrada José Rivas); Lavadores (rúa Bagunda, rúa Cantabria, rúa das Fontáns e rúa Rosal Florido); Matamá (Estrada Balsa); Teis (rúa dos Foxos, rúa Paradela e primeira Travesía Guixar) e Valladares (Camiño do Laranxo e Camiño da Pomba).
Ao mesmo tempo, o Goberno local tamén aprobou a clasificación de ofertas para a contratación de outro conxunto de obras de mellora que comezarán de xeito inmediato. Cun orzamento de preto de 250.000 euros, o Concello actuará en Cabral (rúa Fontiñas de Abaixo e Camiño Regueira); Lavadores (Subida Sello), Coruxo (Estrada Fragoselo) e Comesaña (Camiño Rial). Noutro lote e cun importe de máis de 15.000 euros, acometeranse obras en Matamá (Camiño Ribas) e Beade (rúa Seixo).
Camelias
Xunta de Goberno Local tamén validou este xoves o proxecto de humanización dunha nova fase da Avenida das Camelias, entre Juan Ramón Jiménez e a Avenida da Hispanidade, por importe de 2.165.000 euros e oito meses de prazo de obras. O proxecto, ademais da renovación de pavimentos, redes e alumeado, propón executar unha senda que una Camelias con Hispanidade, dando lugar a unha nova zona verde. Tamén está previsto a inclusión dun novo paso de peóns á altura do elevador inclinado, para darlle continuidade ao corredor vertical que parte desde o Auditorio Mar de Vigo.