Escoitar

Caballero valora os efectos positivos para os concellos dos Orzamentos Xerais do Estado

O alcalde de Vigo destaca os avances que supoñen a utilización do superávit para os fins sociais que sempre reclamaron os concellos. As previsións sobre taxas de reposición, a devolución das plusvalías e os índices de referencia para limitar desde os consistorios o aumento desmesurado dos alugueres son outros capítulos destacados.

luns, 15 out 2018
Abel Caballero manifestou esta mañá a súa satisfacción cos contidos do Acordo sobre Orzamentos Xerais do Estado 2019, que se coñeceu o pasado venres. Segundo destacou, "trátase de acordos moi importantes" que, ademais, "non poñen en risco a estabilidade orzamentaria do país" e que axudarán a "cumprir coas contas do Reino de España". Para o presidente da FEMP, os contidos do acordo no relativo ao uso do superávit municipal (que cifrou en torno aos 6.000 millóns de euros para o actual exercicio), permitirá aos consistorios "levar adiante o proceso de utilización do superávit de 2018 en 2019" e engadiu "que é da maior importancia, porque imos poder usalo primeiro para escolas infantís, segundo para fomento do emprego e terceiro, para temas de vivenda".

Trátase, ao seu xuízo, da resposta ás nosas principais demandas, unha resposta que tamén chega en outra materia, a taxa de reposición de efectos municipais, que se incrementa e da cumprimento á demanda de "ter efectivos que nos permitan facer as tramitacións con máis seguridade e con máis rapidez. Queremos ter máis policía, máis bombeiros, máis técnicos cualificados, máis xuristas, máis enxeñeiros, máis avogados e máis economistas….

Plusvalías
Outro dos aspectos relevantes contidos no acordo é o que prevé que sexa o Estado quen compense aos Gobernos locais por devolución das plusvalías. Segundo subliñou o presidente da FEMP, devolverase a todo aquel que teña dereito pero "a devolución deberá ir a costa do Estado, sufragado pola Facenda estatal" porque, puntualizou, trátase dunha Lei do Estado que anulou Parlamento de España.

A habilitación dos concellos para a elaboración dos índices de prezos de referencia de alugueres "para aqueles lugares onde estes suban de xeito desmesurado", tamén mereceu o recoñecemento do alcalde porque "permitirá aos gobernos locais faciltar un mercado de alugueres asumibles. O acordo, explicou, contempla que, se este índice previese subas elevadas "os concellos terán a prerrogativa de conxelalos, de poñer máximo de aluguer" algo que, segundo explicou, "xa se fixo en Londres e París, onde o incremento de prezos "imposibilitaba a vida das familias nas cidades".