Abel Caballero liga a Área Metropolitana de Vigo ao resultado das próximas eleccións municipais
O TSXG confirmou a suspensión cautelar do ente supramunicipal, sen valorar o fondo da cuestión, nin a legalidade da constitución nin a validez dos acordos. O alcalde ve no contencioso-administrativo interposto pola Xunta a pretensión de Núñez Feijóo de "paralizar" a Área Metropolitana de Vigo.
En declaracións aos medios este martes, Abel Caballero asegurou que o recurso contencioso-administrativo presentado pola Xunta contra a constitución do ente responde a que o Partido Popular "perdeu a área nas eleccións", non ostenta a maioría e "intenta vulnerar o dereito a constituíla".
"Imaxínense que o Partido Popular tivera a maioría", propuxo o alcalde vigués: "¿estarían facendo esta denuncia, levando o tema aos tribunais e dificultando e impedindo a constitución da Área Metropolitana? Pois non, o fan porque perderon. Paralizan a constitución da Área Metropolitana porque a perderon", afirmou Caballero.
O alcalde emprazou á próxima convocatoria electoral para a resolución da cuestión. "O mandato practicamente pasou" e "no mes de maio os cidadáns volverán decidir sobre quen ten as maiorías e quen está polo tanto en condicións de constituír a Área Metropolitana".
Abel Caballero valorou que "Feijóo nunca quixo a Área Metropolitana, non é a primeira vez", en referencia a 2012, cando a Xunta de Galicia modificou a gobernabilidade do ente, eliminando o voto ponderado en función da poboación de cada concello. "Ese xa foi o intento do señor Feijóo de paralizar a Área Metropolitana; o segundo é a través destes recursos" presentados ante os xulgados.
"A partir das seguintes eleccións municipais de maio", engadiu Caballero, "constituirase a Área Metropolitana coas maiorías que decidan os cidadáns e libre dos intentos de Feijóo de paralizala porque non a controla". O presidente da Xunta, concluíu o alcalde vigués, "non asume que Vigo ten entidade propia, dinámica propia, capacidade propia, que ten un Área Metropolitana legal que tería que estar levada adiante".