Escoitar

Moovit, a app líder de transporte público, xa está disponible en Vigo

O alcalde presentou esta mañá unha aplicación que xa funciona en Vigo e que calcula a mellor ruta para desprazarse en transporte público. Cualificou de moi importante un avance que facilita coñecer a chegada a paradas en tempo real. Moovit é gratuíta e está dispoñible en Android, iOS e Web.

xoves, 25 out 2018
1540471679aplicacion.JPG
Moovit, a empresa de datos e análise de mobilidade urbana máis grande do mundo e a aplicación de transporte público líder mundial, xa está dispoñible na cidade de Vigo grazas á colaboración Concello e e concesionaria Vitrasa. Os usuarios de transporte público xa poden planificar os seus desprazamentos de xeito fácil e rápido descargándose gratuitamente a APP , dispoñible en iOS, Android e Web.

Deste xeito, os usuarios poderán planificar en tempo real as súas rutas combinando todas as opcións de transporte público dispoñibles que xa integra todos os datos de Vitrasa (con 33 liñas e máis de 1.000 paradas). Ademais, a App está operativa en 44 idiomas, o que supón un activo importante para os turistas.

Deste xeito, Vigo únese ás máis de 2.500 cidades de 83 países nas que a App xa funciona. En España está presente en máis de 50 urbes. Con máis de 250 millóns de usuarios en todo o mundo, Moovit converteuse na aplicación de referencia en transporte público.
Descargar todas as imaxes