O alcalde coñeceu os detalles da nova edición da Liga Concello de Vigo de fútbol 8
Abel Caballero recibiu a unha representación dos clubs que participarán na Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, que non é competitiva, prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.
Belarmino Alonso, "Milucho", coordinador da proba, Christopher Staub (Arenas de Alcabre), Daniel Costas (Balaídos) e Quique Prado (Alertanavia), acompañados polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron ao rexedor un evento "xenuíno", segundo lle explicaron, pois nos partidos do Armando Cajaraville non hai resultados.
"Hai, xogo, diversión e aprendizaxe, pero non competitividade", manifestou Milucho. Dende a súa creación, este torneo asegura a todos os nenos e nenas a posibilidade de xogar ao fútbol sen a obriga de gañar. O Concello entrega medallas a todos os inscritos.
Nesta tempada serán un 700 xogadores de 5 a 13 anos os que asistan. Estímase que cada sábado haberá medio milleiro de futbolistas no céspede sintético de Samil. Uns trinta encontros por xornada. E non solo clubs de Vigo, pois tamén se inscriben equipos de concellos da área de influencia, porque a aposta viguesa é única.
"Ano tras ano o evento ten máis éxito", explicou Manel Fernández. Cada xornada están programados catro campos e partidos toda a mañá.
Descargar todas as imaxes